Manzaneda vive nesta primeira fin de semana de agosto as festas patronais na honra á Virxe das Neves, cun programa que se abría cunha multitudinaria cea. En torno ás 300 persoas asistían na noite do venres día 2 á festa Ibicenca onde vestidos de branco e nalgúns casos con diademas de flores mozos e maiores desfrutaban dunha exquisita paella ademais de empanada, bica, bebida, postre e café. De seguido arrancaba a actuación da orquestra Saudade e Dj You que poñía o ritmo ata altas horas da madrugada.
Hoxe pola mañá hai pasarrúas e sesión vermú a cargo do grupo Os Estramonios e ás 13h. será a misa solemne. O baile en sesión de tarde e verbena correrá a cargo da orquestra Panamá, que dará paso a unha nova sesión de música disco de Dj Sergito.
O domingo día 4 haberá un novo pasarrúas pola mañá a cargo da charanga TDB. Para as 13 horas está prevista unha nova eucaristía cantada polo Orfeón Trivés. Ese día o baile estará amenizado pola orquestra Alkar co broche dunha nova sesión disco a cargo de Dj Roibem.
O último día de festa, o luns 5 de agosto, será o día da Virxe das Neves, con misa solemne ás 13h. e tarde de divesión especialmente pensada para os nenos coa Festa fa Escuma.
Fotos: O SIL salvo as tres últimas da galería que son cedidas.
Vídeos cedidos.