Retando á chuvia e ao prematuro fresco, na noite do venres 6 de sertembro Larouco abría oficialmente as festas patronais na honra á Virxe dos Remedios, cunha concorrida pancetada popular que reunía a unhas 450 persoas segundo a comisión.
Para hoxe, sábado 7 de setembro está prevista a chegada da food truck “Galicia Sabe a Mar” da Xunta, que estará diante da igrexa en horario de 12 a 15 e de 19 a 21 horas. Tamén haberá un campionato de petanca e o outro de tute (16:30h.) co baile a cargo do Trío Milennial (22h.) seguido da Discomóbil Stuu.
Así chegaremos ao día grande das festas, o domingo 8 de setembro. Ás 13 horas será a procesión e misa solemne na honra da Virxe dos Remedios acompañada pola Banda de Celanova. A tarde (de 19:30 a 21h.) e a verbena (de 23 a 00:30h.) estarán amenizadas pola orquestra Saudade.
Fotos: O SIL.