ConcellosÚltima horaVilamartín

Unhas 450 persoas desfrutan dun animado magosto veciñal en Arcos (Vilamartín)

 

Nova fin de semana de magostos nas terras de Trives, Caldelas e Valdeorras. Un dos últimos, o de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), celebrábase na tardiña do sábado 16 de novembro cun alta participación xunto ao l local social.

 

 

Tal como informan dende a organización, venderon 300 bolos preñados e asaron 100 quilos de castañas. Non faltaron os doces, elaborados polas Amas de Casa do pobo, nin o viño e outras bebidas por parte dos Coveiros de Arcos. “Asistiron sobre 450 persoas e tamén tivemos música do Dj Huguiño”, asegura Carlos López Gudiña.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button