EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Unhas 550 persoas asisten a unha animada Festa do Viño Novo na Teixeira

 

A tradición vitivinícola mantense con forza na Teixeira, localidade da Ribeira Sacra ourensá que exalta cada outono a nova colleita cunha celebración moi especial: a Festa do Viño Novo.

Mantendo o esquema doutros anos, a XXII edición do evento tiña lugar na xornada deste sábado 25 de novembro, coincidindo este ano coa celebración da patrona daeixeira, Santa Catuxa (Catalina) cun programa que arrincaba coa celebración da misa na capela.

 

 

De seguido, en torno ás 14 horas, comezaba o xantar na Nave da Gándara ao que asistían 550 persoas que degustaban un menú a base de entremeses, empanada, polbo, carne ao caldeiro, postres, café e licores. Todo regado cos viños das 6 adegas da D.O. Ribeira Sacra pertencentes ao municipio da Teixeira: Adega Vella, Peza do Rei e Adega Sabaínzas (de Abeleda);  Sollío, Século e Alba Ponce (da Teixeira).

 

 

A música corría un ano máis a cargo da charanga trivesa TDB.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button