EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Unhas 800 persoas despiden a Coresma na XIII Festa da Vitela, no Bolo

 

“Esta é a última Festa da Vitela que presido, grazas ao conselleiro do Medio Rural, alcaldes e a todo o público por asistir e benvidos”. Con estas palabras de Manuel Corzo, alcalde de O Bolo ata o 28 de maio posto que non se presenta ás eleccións, comezaba a edición número XIII da cita gastronómica coa que este concello valdeorrés despide a Coresma.

 

O alcalde de O Bolo, Manuel Corzo.

 

 

Tras dous anos de ausencia pola pandemia, a Festa da Vitela regresaba no mediodía deste Sábado Santo, 8 de abril, reunindo a unhas 800 persoas de toda a contorna, en torno a un menú servido por Mantesil. Ao ritmo de Europe saían os camareiros co primiero prato, a sopa; e xa ao son de Pili Pampín chegaba o prato forte a base de vitela, androlla, chourizo e codillo (900 unidades de cada segundo os datos facilitados polo responsable do catering), garabanzos (150 kg) e patacas (400 kg). De postre roscón e torta de roxóns, viño (godello e mencía), café e licores.

 

 

A nota musical corría un ano máis a cargo da charanga Nova Trives, e tralo xantar celebrado no pavillón municipal, a festa continuaba no Castelo do Bolo, no marco do VI Festival Medieval.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button