ConcellosTrivesÚltima hora

Uns 120 tipos de cogomelos recollidos e clasificados nas Xornadas Micolóxicas do Club de Montaña Trives

Publicidade

 

A Pobra de Trives está inmersa nunha das edicións máis populares e concorridas das Xornadas Micolóxicas organizadas polo Club Montaña Trives.

Aínda que o programa desta XXII edición arrancaba na tarde do venres co Concurso Tapa Micolóxica, era na xornada do sábado, 5 de novembro, cando se concentraban as actividades centrais nas que participaba un cento de persoas chegadas dende diferentes puntos de Galicia, especialmente da Coruña, Vigo e Santiago, tal como aseguran dende a organización.

 

 

Así, o programa arrancaba en torno ás 9:30 coa charla no Auditorio Julio Vázquez a cargo da Asociación Micolóxica Os Cogordos de Ourense, para explicar as diferenzas básicas entre as diferentes especies de cogomelos e como distinguilas. De seguida tiña lugar a saída de campo polos montes de Trives e, tralo xantar degustación no Restaurante La Viúda, chegaba o momento da entrega dos cogomelos recollidos no patio  interior da Casa Grande de Trives, para a súa identificación e clasificación.

 

 

Tal como explican dende o Club Montaña Trives, recolléronse uns 120 tipos de cogomelos que permanecerán expostos ata as seis da tarde deste domingo, coincidindo coa entrega de trofeos aos establecementos particiopantes no concurso de tapas e sorteo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button