ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Uns 123 alumnos afrontan a ABAU a partir de hoxe na Rúa

 

Dende hoxe e ata o  vindeiro xoves 123 estudantes de Valdeorras, Viana, Trives e Quiroga realizan na Rúa as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade). A primeira xornada arrancaba neste martes no IES Cosme López Rodríguez ás 9 da mañá coa presentación, seguida do primeiro exame, un dos máis temido, o de Historia de España, despois viña o de Lingua Castelá e Literatura II. Non faltaban os nervios, se ben tamén se amosaba a esperanza de que o esforzo e o estudo realizado ata agora se plasme no resultado destes exames.

 

 

A da Rúa é unha 35 comisións delegadas que existen en Galicia para a realización desta proba. Un total de 12.788 alumnos están inscritos nestas probas en Galicia. En Ourense tamén se realizará a ABAU na Facultade de Dereito, na de Ciencias Empresariais e Turismo, no Edificio Politécnico e nas Facultades de Historia, de Educación e de Traballo Social.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button