DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 200 deportistas na 3º proba do circuíto galego de volei praia disputada no Barco

Lidia Figueira/ Lucía Rodríguez e Roi Losada/ Pablo Allegue foron os vencedores na categoría cadete

En torno aos 200 xogadores dunha decena de clubs de toda Galicia (3 de ourense, 2 de Boiro, 3 da Coruña, 2 de Vigo, Lugo,…) participaban ao longo da fin de semana do 14 e 15 de xullo, na terceira proba do Circuíto Vichy Catalán Volei Praia Tour – Campionato Galego de Categorías Inferiores, organizada pola FGVB, que se desenvolveu nas pistas de area do Salgueiral.

Na primeira xornada tocoulle o turno ás categorías sub19 e infantil femininas cos partidos de grupo pola mañá e as finais pola tarde. E xa na xornada do domingo, segunda e última, facíano a categoría cadete feminino e masculino.

Con respecto ás rapazas, as gañadoras da proba foron Lidia Figueira e Lucía Rodríguez do club Barraña de Boiro; as segundas clasificadas foron Mara Vidal e Sara Ordóñez tamén do Club Barraña; e as terceiras clasificadas foron María Bouza e Carmen González do Club Volei Praia de Lugo.

E no que respecta á categoría masculina, os vencedores no Barco foron Roi Losada e Pablo Allegue do Club Padre Faustino da Coruña; segundos foron Javier Loureiro e David López do Club Volei Playa Vigo; e os terceiros foron Alan Dávila e Jaime Arjones do Club Cabo de Cruz de Boiro.

Tanto na categoría masculina como feminina participaron xogadores valdeorreses que non chegaban á final. Na entrega de premios estivo o concelleiro de Deportes do Barco Aurentino Alonso e o profesor de voleibol en Valdeorras Toño García.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button