Con máis participación valdeorresa que noutras ocasións, concluía no mediodía do 27 de outubro a segunda etapa do Camiño de Inverno organizada pola asociación do Bierzo, na que particciparon unhas 90 persoas, 15 delas do Barco e de Trives.
Dende a praza de Borrenes e ata o Puente de Domingo Flórez, os camiñantes completaban sen maior esforzo os 18 quilómetros do percorrido que coma sempre remataba co xantar, desta volta un menú do Peregrino, no Hostal-Restaurante La Torre. E entre medias, os camiñantes puderon desfrutar de fermosas paraxes entre elas As Médulas. Algúns incluso de desviaron uns metros da ruta para contemplar as vistas dende o “Mirador de las Pedrices”.
A terceira etapa do Camiño entre Puente de Domingo Flórez e O Barco de Valdeorras está prevista para o 10 de novembro. 19 quilómetros entre as provincias de León e Ourense que rematarán cun xantar na adega Roandi de Éntoma (irase en autobus dende O Barco). Quen desexe participar ten de prazo ata o día 7 para anotarse no bar Xanadú.
Fotos cedidas.