DeportesTenisÚltima hora

Uxía Gudiña, xogadora do C.T. Rúa, subcampioa alevín (3ª división) na 1ª proba do ‘Galicia Head Tour’

 

O Club de Tenis Rúa segue colleitando éxitos. Desta volta veñen da man dunha das súas xogadoras, Uxía Gudiña Castedo, que vén de proclamarse subcampioa na categoría alevín feminino (3ª división), na 1ª proba do Galicia Head Tour disputada nas instalacións do Club Tenis Mercantil de Vigo.

 

 

Tal e como informan dende o club rues, Uxía derrotaba en cuartos de final á tamén xogadora do C.T. Rúa, Claudia Gil, por 4-6/6-4/10-7. En semifinais vencía a Marina Quintero por 6-0/6-3, perdendo na final contra Lía Martín por 6-1/6-3.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button