DeportesGalerías de fotosÚltima hora

V Regata provincial de piragüismo, na Rúa

Clubs de diferentes puntos da provincia de Ourense dábanse cita na mañá do 6 de setembro na área recreativa do Aguillón rues. Esta zona valdeorresa acollía a quinta regata da Copa Deputación de Piragüismo con probas en diversas categorías masculinas e femininas (dende benxamíns ata veteráns) que se desputaban nas augas do encoro de San Martiño. Ademais de padexeiros do Fluvial Barco (organizador da cita en colaboración co Concello da Rúa), participaban piragüistas doutros clubs como o Fluvial Allariz ou o Avión.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button