
O Concurso Internacional de Viños Bacchus, organizado pola Unión Española de Catadores, vén de facer público o medalleiro da súa edición do 2020. Entre os viños distinguidos hai 16 que son de denominacións de orixe ourensás. Entre elas destaca a D.O. Valdeorras cun total de 7 medallas. Delas tres son de ouro e corresponden aos viños: A Coroa 200 cestos 2018 (de Adega A Coroa), Guitián xove 2019 (A Tapada) e O Luar do Sil sobre lías 2017 (Pago de los Capellanes).
Ademais outros catro viños valdeorreses eran premiados con medallas de prata: A Coroa 2019 (A Coroa), D’Berna Garnacha Tintorera “Ele” 2017 (Guitián & Blanco), Joaquín Rebolledo godello 2019 (Joaquín Rebolledo) e Bioca godello 2019 (M. Teresa Núñez).
Destacados eran así mesmo os catro recoñecementos logrados pola D.O. Ribeiro: Bacchus de Ouro para Ramón do Casar Godello 2018 de Ramón do Casar S.L. e para Gotas de Mar fermentado en Barrica 2018 de Hammeken Cellars S.L. e Bacchus de Prata para Libro 2018 de Antonio Cajide Gulín e para Ramón do Casar Nobre Treixadura 2018 de Ramón do Casar S.L.
Ademais, Ribeira Sacra sumaba tres medallas: Regina Expresión (B. Regina Viarum), Don Cosme 2019 (EDV 2015) e Vel’Uveyra godello 2018 (Ronsel do Sil).