ConcellosEn portadaÚltima hora

Valdeorras baixa a 437 casos activos de Covid, 93 menos que o venres

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Segue a tendencia á baixa nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra nestes luns (datos actualizados ás 18h. de onte) un total de 437 positivos de Covid, o que supón 93 menos que o pasado venres, cando a Consellería de Sanidade facía públicos os anteriores datos.

Só se rexistra unha leve repunta de contaxios activos en dous municipios: Petín con 6 positivos (2 máis que o pasado venres) e A Veiga con 34 positivos (8 máis que o pasado venres).

No resto de concellos de Valdeorras os casos activos baixan: O Barco ten 269 (57 menos que o pasado venres), O Bolo 5 (8 menos que o venres), Carballeda de Valdeorras 27 (5 menos que o venres), Larouco 4 (2 menos que o venres), A Rúa 53 (13 menos que o venres), Rubiá 18 (13 menos que o venres) e Vilamartín 21 (5 menos que o venres).

Artigos relacionados

Back to top button