En portadaÚltima hora

Valdeorras chega aos 305 casos activos de Covid, 171 deles no Barco

Os positivos seguen medrando de maneira notable no Barco, con 27 contaxios máis que onte

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen a subir as cifras do coronavirus en Valdeorras un día máis, impulsadas polos positivos no Barco. Así, a comarca rexistra neste 24 de decembro un total de 305 positivos por coronavirus (23 máis que onte), segundo os datos do Sergas actualizadas ás 18h. de onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Aínda que son dous os municipios que presentan incrementos, sobresae o do Barco, onde os casos seguen disparados, cun total de 171 positivos (27 máis que onte). Unha cifra que se vai achegando ao máximo rexistrado ata o de agora no municipio, que chegaba a uns 188 positivos no pasado verán. Ademais Carballeda de Valdeorras rexistra 7 casos activos, 2 máis que o onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Os concellos que presentan diminución de contaxios son O Bolo con 10 positivos, 2 menos que onte; Larouco con 12 positivos, 1 menos que onte; A Rúa con 74 positivos, 1 menos que onte; A Veiga con 5 positivos, 1 menos que onte; e Vilamartín con 16, 1 menos que onte.

Por outra banda, os casos activos mantéñense en Petín con 7 positivos e en Rubiá con 3 positivos.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras, ata agora libre de coronavirus rexistra nesta xornada dous ingresos en planta.

Artigos relacionados

Back to top button