SanidadeÚltima hora

Valdeorras conmemora o Día contra o Cancro de Mama

Nas mesas informativas da AECC do Barco entregábanse caraveis e laciños rosas./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Nas mesas informativas da AECC do Barco entregábanse caraveis e laciños rosas./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Con mesas informativas e unha charla celebra a delegación valdeorresa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) o 19 de outubro o Día contra o Cancro de Mama. Pola mañá instalábanse mesas informativas e nas que tamén se repartían caraveis rosas e laciños desta cor na praza do Concello do Barco e no Hospital Comarcal Valdeorras, así como na praza do Concello da Rúa.

Pola tarde, ás 20:30h. o doutor Reboredo impartirá unha charla sobre o cancro de mama no salón de actos do edificio multiusos do Barco.

Mesa da AECC na praza do Concello do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Mesa da AECC na praza do Concello do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button