ConcellosÚltima hora

Valdeorras conta con 252 casos activos de Covid, 2 menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeirísimo descenso no múmero de casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras que na xornada deste xoves 10 de febreiro rexistra 252 positivos, o que supón 2 menos que onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Por concellos, unicamente baixan os casos na Rúa con 43 (3 menos) e Vilamartín con 14 (1 menos). Pola contra, soben os casos no Bolo con 13 positivos (2 máis que onte).

No resto de concellos mantéñense os casos activos. O Barco conta con 160 positivos, Carballeda con 5, Larouco con 1, Petín con 2, Rubiá con 8 e A Veiga con 6.

Tamén no Hospital Público de Valdeorras se manteñen os ingresos, rexistrando neste xoves 10 de febreiro un total de 5 en planta, os mesmos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button