En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorras conta con máis de mil estudantes matriculados na ESO e en Bacharelato

As clases nestas ensinanzas comezaban onte na provincia de Ourense, agás no Barco que empezaban hoxe

Publicidade

 

Se na pasada semana comezaban as clases os alumnos de Infantil e Primaria, nesta tocoulle a quenda aos de Secundaria (ESO), Bacharelato e Ensinanzas de Réxime Especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas). Un total de 14.168 estudantes nos 68 centros educativos da provincia de Ourense que imparten estas ensinanzas.

Segundo os datos provisionais de matriculación, son 8.919 as alumnas e alumnos que volven ás aulas da ESO, e 2.830 ás de Bacharelato. Canto ás ensinanzas de Réxime Especial, nas básicas están matriculados 1.426 estudantes, mentres que nas regradas de música o alumnado ascende a 993.

Ademais, onte tamén daban comezo as clases na Formación Profesional. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación.

 

Os pais agardan a entrada dos estudantes da ESO no seu primeiro día de clase.

 

Por comarcas, en Valdeorras á que corresponden as imaxes da galería, e sempre segundo os datos da Consellería de Educación, son un total de 1.021 os alumnos que cursan estas ensinanzas (788 ESO e 233 Bacharelato). Na Rúa tanto no Colexio Diocesano San Pablo VI coma no IES Cosme López Rodríguez comezaban na maña de onte 16 de setembro; mentres que no Barco nos IES Lauro Olmo e Martaguisela, e no Colexio Divina Pastora comezaban hoxe día 17, xa que onte foi festivo local por mor das Festas do Cristo.

Na comarca de Terras de Trives, o IES Xermán Ancochea Quevedo acolle a 55 estudantes na ESO e 44 en Bacharelato; e na de Viana, no IES Carlos Casares, a 112 en ESO e 39 en Bacharelato.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button