En portadaÚltima hora

Valdeorras contabiliza 179 casos activos de Covid, 29 máis que o venres

Especialmente elevada e a suba de contaxios na Rúa que conta con 61 positivos, 38 máis que o venres

Rúa Campogrande, na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Volven repuntar os casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca contabiliza un total de 179 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 29 máis que os da xornada do venres, segundo as cifras feitas públicas pola Consellería de Sanidade.

Especialmente elevada e a suba de contaxios na Rúa que conta con 61 casos activos (38 máis que o venres). Tamén aumentan en Carballeda de Valdeorras con 27 (3 máis que o venres) e na Veiga con 3 (2 máis que o venres). Por contra, os casos activos baixan no Barco con 59 (13 menos que o venres) e en Rubiá con 12 (1 menos que o venres).

Ademais mantéñense os datos no Bolo con 1 positivo, en Larouco con 7, en Petín con 4 positivos e en Vilamartín de Valdeorras con 5 positivos, as mesmas cifras que o venres.

En canto aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 6 hospitalizacións en planta por coronavirus.

 

Artigos relacionados

Back to top button