Mantéñense as cifras de casos activos de Covid-19 no Barco. Este municipio ten un total de 11 positivos, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 10 de abril. Son exactamente os mesmos datos de onte.
En canto á incidencia acumulada para o concello a 14 días, sobe novamente e sitúase entre >75 e ≤125, segundo a Consellería de Sanidade.
No resto da comarca de Valdeorras tamén se repiten as cifra de onte: Carballeda rexistra 7 positivos, Rubiá 3 e 1 na Rúa.
Por concellos, destaca ademais a incidencia acumulada de Carballeda de Valdeorras. Así este municipio presenta unha incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de >250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.