DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A “Valdeorras Cup” converte O Campiño de Viloira na festa do fútbol 7

Un total de 44 equipos participaron no X Torneo Vila do Barco celebrado do 8 ao 11 de xuño

Un ano máis, e xa van dez, o Campiño de Viloira acollía entre o 8 e o 11 de xuño o Torneo de Fútbol Vila do Barco, organizado polo Centro de Deportes Barco en colaboraación co Concello.

A “Valdeorras Cup” é xa un referente no verán deportivo do Barco de Valdeorras e nesta edición participaron 44 equipos de Valdeorras, O Bierzo, Trives e Lugo. Despois dos sucesivos partidos por grupos e categorías (dende prebenxamín ata xuvenil), na tarde do 11 de xuño tiñan lugar as finais cuns resultados moi variados. Na categoría prebenxamín os gañadores foron os cativos do Barco; en benxamín, os do Óptica Bercina; en alevín, os do C.D. Rúa; en infantil, os do Puente; e tanto en cadetes como en xuvenís, os membros do C.D. Barco. Os trofeos eran entregados polo concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, polo Concelleiro de Medio Rura, Jesús Jares e polo presidente do Centro de Deportes Barco, Daniel Ramos.

Como en cada edición foi moito o público que se achegou ata o campo de Viloira, no Barco de Valdeorras, para desfrutar da festa do fútbol 7 e animar aos xogadores, creando un gran ambiente dentro e fóra do céspede.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button