ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras despide a José Luis Lois, adegueiro da Cooperativa Xesús Nazareno do Barco

José Luis Lois, no seu traballo na Cooperativa Xesús Nazareno do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Natural do Barco, do barrio de San Roque, José Luis Lois López “Lois” levaba a meirande parte da súa vida vinculado ao mundo do viño. Durante máis de 30 anos traballou na Bodega Cooperativa Xesús Nazareno, con sede no Barco e pertencente á Denominación de Orixe Valdeorras. Nela exercía as funcións de adegueiro, ocupándose das áreas de produción e adega. Era unha persoa moi coñecida e tamén moi apreciada.

Casado e pai dunha nena, José Luis Lois López falecía no Barco o 14 de xuño aos 57 anos de idade. A súa capela ardente está aberta a partir das catro desta tarde no Tanatorio Santa Rita, Sala 2.

A súa familia, amigos, compañeiros da Cooperativa Xesús Nazareno e veciños daranlle o seu último adeus nun funeral que está previsto para o venres 16 de xuño ás seis e media da tarde na igrexa de Santa Rita, do Barco. Despois será o sepelio no cemiterio municipal.

 

Artigos relacionados

Back to top button