A RúaCarballedaConcellosO BarcoÚltima horaVilamartín

Valdeorras mantense en 24 casos activos de Covid

Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

Estabilidade nas cifras do coronavirus en Valdeorras. Neste martes 8 de xuño a comarca mantén 24 casos activos, os memos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

No Barco contabilízanse 19 positivos, cunha incidencia acumulada que para este concello é de >25 e ≤75 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días. Ademais Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo, mentres que A Rúa e en Vilamartín de Valdeorras continúan, cada un deles, con 2 positivos. O resto dos concellos da comarca seguen libres de virus.

Por outra banda, o Hospital Público de Valdeorras segue rexistrando 2 ingresos en planta por coronavirus.

Baixan os positivos nos centros educativos

Os centros educativos da comarca de Valdeorras rexistran hoxe 3 casos activos de Covid, o que supón 2 menos que o sábado, segundo os datos do listado da Xunta de Galicia nesta xornada. No Barco só queda 1 positivo no CEIP Condesa de Fenosa, 1 menos que o sábado, e o CEIP Julio Gurriarán, que ata o día 5 de xuño tiña un positivo, queda agora libre de virus.

No caso da Rúa, repítense os datos do pasado sábado: o CEIP Manuel Respino conta con 1 positivo e o IES Cosme López tamén con 1 positivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button