ConcellosÚltima hora

Valdeorras, no Foro Next Generation Educación sobre incendios forestais, en Culleredo

Imaxe do incendio do pasado verán, na zona do Barco./ Foto: A.R.

 

Falar de incendios é “falar de risco e degradación ambiental. Pero tamén é falar de despoboamento. O reto demográfico converteuse no principal motivo, segundo os expertos, dos incendios forestais en España”, sinalan os promotores do Foro Next Educación sobre os incendios forestais en España, que organizará o vindeiro 13 de decembro no salón de actos do edificio de servizos múltiples de Culleredo unha xornada na que tamén se falará do incendio sufrido o pasado verán en Valdeorras.

Entre as zonas máis afectadas polos fortes lumes está Galicia, xunto con outras partes como Zamora. Para tratar de buscar respostas e solucións desde todos os ámbitos, Next Educación aliouse coa European Climate Foundation (ECF). Ademais, para esta ocasión, contou coa colaboración da Deputación da Coruña.

Nesta xornada contarase coa participación de diferentes expertos e representantes da administración, pero tamén se lle dará voz aos territorios máis afectados. Así entre os relatores estará o alcalde do Barco, Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button