En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 138 casos activos de Covid, 2 menos que onte

Vista do Barco. /Foto: A.R.

 

Continúan á baixa as cifras totais de casos activos de coronavirus en Valdeorras, aínda que de forma suave. A comarca rexistra 138 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 2 menos que na xornada de onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade.

Só dous concellos presentan unha leva suba: Petín con 4 contaxios activos (1 máis que onte) e Vilamartín con 5 (1 máis que onte). En cambio baixan os  casos no Barco con 67 positivos (2 menos que onte), en Carballeda con 25 (1 menos que onte) e en Rubiá con 12 (1 menos que onte).

As cifras de positivos mantéñense no Bolo con 1 positivo, en Larouco con 5, na Rúa con 19 e na Veiga, que continúa libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button