Aínda que se mantén a estabilidade na comarca de Valdeorras, repuntan lixeiramente os positivos de coronavirus no Barco, con 12 casos activos na xornada deste luns 17 de maio segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. A incidencia acumulada para este concello é de >75 e ≤125 a sete días e de >50 e ≤150 a catorce días.
Con respecto ao resto da comarca valdeorresa, Carballeda rexistra 2 positivos mentres que Rubiá e Vilamartín de Valdeorras teñen 1 positivo cada un. O resto de concellos segue libre de coronavirus.