ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 167 casos activos de Covid, 21 menos que o pasado venres

Panorámica da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Baixan os casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca suma un total de 167 casos activos de coronavirus (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 21 menos que o pasado venres, que foi cando a Consellería de Sanidade facía públicos os anteriores datos.

Os concellos que rexistran suba de casos son O Bolo, que ten 4 (1 máis que o venres), A Rúa con 76 (1 máis que o venres), Rubiá con 7 (1 máis que o venres) e Vilamartín con 10 (2 máis que o venres).

Por contra, os positivos de coronavirus baixan no Barco con 53 (7 menos que o venres), en Carballeda con 7 (10 menos que o venres), Larouco con 2 (4 menos que o venres), Petín con 6 (2 menos que o venres) e A Veiga con 2 (3 menos que o venres).

En canto ás hospitalizacións, o Hospital Público de Valdeorras ten 6 ingresos por Covid en planta, 1 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button