SanidadeÚltima hora

Valdeorras rexistra 188 casos activos de Covid, 3 menos que onte

Panorámica da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras unha xornada de suba, volven baixar lixeiramente os casos activos de coronavirus en Valdeorras. Así, neste venres 11 de marzo a comarca rexistra 188 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), 3 menos que onte, segundo as cifras feitas públicas pola Consellería de Sanidade.

Os únicos concellos no que soben os contaxios son A Rúa que conta con 75 (3 máis que onte) e A Veiga con 5 (1 máis que onte). Por contra, os casos activos baixan no Barco que ten 60 (3 menos que onte), Carballeda de Valdeorras con 17 (2 menos que onte), Petín con 8 (1 menos que onte) e Rubiá con 6 (1 menos que onte). Ademais mantéñense os datos no Bolo con 3 casos activos, Larouco con 6 e Vilamartín con 8, a mesma cifra que onte.

Tamén baixan os ingresos no Hospital Público de Valdeorras que nesta xornada rexistra 3 hospitalizacións en planta por coronavirus, dúas menos que onte, segundo os datos do Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button