ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 194 casos activos de Covid, 17 máis que onte

Ademais de no Barco, os positivos aumentan na Rúa, Vilamartín, Rubiá e A Veiga

Rúa Campogrande, na Rúa./Foto: Mónica G. Bellver.

 

Segue imparable a curva do Covid en Valdeorras que xa roza os 200 positivos. A comarca rexistra neste domingo 18 de xullo un total de 194 casos activos, o que supón 17 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 17 de xullo.

No Barco son 161 os positivos, o que significa un ascenso de 11 casos con respecto á xornada de onte. Tamén sobe o número de casos activos en Vilamartín que suma 12, 1 máis que onte; na Veiga que contabiliza 3, 1 máis que onte; e en Rubiá que pasa de 6 a 7 positivos, é dicir, 1 máis que onte. Incremento tamén na Rúa que rexistra 7 positivos, 3 máis que onte.

Repítense as cifras de onte en Petín, que segue con 1 positivo, e en Carballeda que mantén 3. O resto de municipios valdeorreses non rexistra ningún positivo.

No conxunto da provincia de Ourense son 1.948 os pacientes con infección activa, segundo Sanidade, o que supón 170 máis que os comunicados onte.

Artigos relacionados

Back to top button