ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras rexistra 229 casos activos, 99 deles no Barco

Panorámica do Barco. /Foto: A.R.

 

Continúan medrando os casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 20 de decembro un total de 229 positivos por coronavirus (23 máis que o pasado venres, cando se emitían os últimos datos), segundo as estatísticas do Sergas actualizadas ás 18h. de onte.

Varios municipios rexistran unha suba nas cifras de casos. Entre eles destaca o aumento no Barco cun total de 99 positivos (26 máis que o mércores). Ademais O Bolo rexistra 13 casos activos, 2 máis que o venres; e Vilamartín 14 casos activos, 1 máis que o venres.

 

 

Manteñen as súas cifras con respecto ao pasado venres A Rúa con 73 positivos, Larouco con 10 positivos, Carballeda de Valdeorras con 2 positivos e Rubiá con 3 positivos. Por contra, baixan os positivos na Veiga con 8, 5 menos que o venres.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras está agora libre de coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button