ConcellosEn portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 286 casos activos de Covid, 19 menos que onte

O Barco./ Foto: A.R.

 

Unha xornada máis descenden os casos activos de coronavirus en Valdeorras. Así, neste martes 8 de febreiro a comarca rexistra 286 positivos, o que supón 19 menos que onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Por concellos, baixan os casos no Barco con 177 positivos (13 menos que onte), en Petín con 4 (2 menos que onte), na Rúa con 50 (3 menos) e en Vilamartín con 14 (1 menos que onte).

No resto de municipios mantéñense os números de onte: O Bolo con 9 positivos, Carballeda de Valdeorras con 5, Larouco con 1, Rubiá con 11 e A Veiga con 15.

Tamén no Hospital Público de Valdeorras se manteñen neste martes 8 de febreiro os ingresos por coronavirus en planta que había onte, un total de 7.

 

Artigos relacionados

Back to top button