En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 360 casos activos de Covid, 33 menos que onte

Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

Nova xornada de descenso nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. Neste 4 de febreiro a comarca rexistra 360 positivos, o que supón 33 menos que onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Por concellos, baixan os casos no Barco con 230 positivos (28 menos que onte), en Carballeda con 12 (3 menos que onte), na Rúa con 55 (2 menos que onte), en Rubiá con 20 (1 menos que onte) e na Veiga con 12 (1 menos que onte).

O único municipio no que se rexistra unha leve suba é O Bolo con 3 positivos, 2 máis que onte.

Os datos mantéñense igual que onte en Larouco con 4 contaxios activos, en Petín con 7 e en Vilamartín con 17.

O Hospital Público de Valdeorras ten este venres 8 ingresos por coronavirus en planta, a mesma cifra que onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button