ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras rexistra 6 casos activos de Covid, 2 menos que onte

Publicidade
Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Segue á baixa a curva de casos activos de Covid-19 en Valdeorras. A comarca rexistra hoxe un total de 6 positivos de coronavirus, 2 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Así, O Barco ten 5 positivos, 2 menos que onte, cunha incidencia acumulada de >10 e ≤25 a sete días; manténdose en >25 e ≤50 a catorce días.

Vilamartín de Valdeorras segue con 1 positivo, mentres que o resto dos concellos da comarca mantéñense libres de Covid.

Artigos relacionados

Back to top button