ConcellosO BarcoÚltima horaVilamartín

Valdeorras rexistra 8 casos activos de Covid, 2 menos que onte

Publicidade
Imaxe da avenida Conde Fenosa no Barco./ Foto: A.R.

 

Mantense a tendencia á baixa nos casos de casos activos de Covid-19 en Valdeorras. A comarca rexistra hoxe un total de 8 positivos de coronavirus, 2 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Así, O Barco ten 7 positivos, 1 menos que onte, cunha incidencia acumulada de >10 e ≤25 a sete días; manténdose en >25 e ≤50 a catorce días.

Vilamartín de Valdeorras segue con 1 positivo, mentres que Carballeda de Valdeorras, que ata onte tiña 1 positivo, hoxe queda libre de virus. O resto dos concellos da comarca seguen libres de Covid.

Artigos relacionados

Back to top button