En portadaÚltima hora

Valdeorras sitúase en 29 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Leve descenso na curva do coronavirus en Valdeorras. A comarca sitúase en 29 casos activos neste 2 de xuño, 1 menos que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

O municipio do Barco de Valdeorras ten 23 casos activos, 1 menos que onte, cunha incidencia acumulada para este concello a sete días de >75 e ≤125. Esta incidencia mantense en >150 e ≤250 a catorce días.

Os datos de días anteriores mantéñense na Rúa, con 4 positivos, e en Vilamartín de Valdeorras con 2 positivos. O resto dos municipios da comarca continúan libres de virus.

5 positivos nos centros de ensino valdeorreses

Os centros educativos da comarca de Valdeorras continúan con 5 casos activos de Covid, segundo os datos do listado da Xunta de Galicia neste 2 de xuño, polo que non se rexistra ningún cambio con respecto a onte. No caso do Barco, o CEIP Condesa de Fenosa ten 1 positivo, o CEIP Julio Gurriarán 1 positivo e o Colexio Divina Pastora 1 positivo.

Na Rúa o CEIP Manuel Respino conta con 1 positivo e o IES Cosme López tamén con 1 positivo.

Na provincia de Ourense o total de positivos en centros educativos ascende a 27 (2 máis que onte).

Artigos relacionados

Back to top button