En portadaÚltima hora

Valdeorras suma 179 casos activos de Covid, 13 máis que onte

Campo de San Roque, A Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Mantense, unha xornada máis, a tendencia á alza nos casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 15 de decembro un total de 179 positivos por coronavirus (13 máis que onte), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

A maior parte dos municipios rexistran unha suba nas cifras de casos. Entre eles destacan os aumentos no Barco cun total de 47 (6 máis que onte) e na Rúa, que sobe ata os 70 positivos, o que supón 5 máis que na xornada de onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Tamén medran os casos Larouco con 12 positivos (1 máis que onte), en Petín con 8 positivos (1 máis que onte), Rubiá con 2 (1 máis que onte) e Vilamartín con 7 (1 máis que onte).

As cifras de casos activos mantéñense no Bolo con 13 e en Carballeda de Valdeorras con 2 positivos. Por contra, os positivos baixan na Veiga con 18 (2 menos que onte).

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras mantén 1 ingreso por Covid en planta.

Artigos relacionados

Back to top button