ConcellosÚltima hora

Valdeorras suma 206 casos activos, 12 máis que onte

Soben os positivos no Barco, en Vilamartín, A Rúa e Petín, mentres que descenden no caso de Rubiá

Publicidade
Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúa a tendencia ascendente na curva do Covid en Valdeorras que xa supera os 200 positivos. A comarca rexistra neste luns 19 de xullo un total de 194 casos activos, o que supón 17 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 18 de xullo.

No Barco son 171 os positivos, o que significa un ascenso de 10 casos con respecto á xornada de onte. Tamén sobe o número de casos activos en Vilamartín que suma 13, 1 máis que onte; na Rúa que rexistra 8 positivos, 1 máis que onte, e en Petín que suma 2 positivos, 1 máis que onte.

Repítense as cifras de onte en Carballeda que mantén 3 positivos e na Veiga, con outros 3. No caso de Rubiá descenden os casos, ao pasar de 7 a 6 positivos, 1 menos que onte.

O resto de municipios valdeorreses non rexistra ningún positivo.

No conxunto da provincia de Ourense son 2.014 os pacientes con infección activa, segundo Sanidade, o que supón 66 máis que os comunicados onte.

Artigos relacionados

Back to top button