ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Valdeorras suma 23 casos activos de Covid, tras 2 novos positivos no Barco

Nesta xornada o municipio de Rubiá queda libre do virus, menres Vilamartín mantén 1 positivo

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Leve repunta nos casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 23 positivos na xornada deste martes 25 de maio, 1 máis que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco de Valdeorras hai 19 casos activos, 2 máis que onte, cunha incidencia acumulada para este concello a sete días está en >25 e ≤75. Esta incidencia mantense en >50 e ≤150 a catorce días.

A Rúa, pola súa banda, continúa con 3 positivos, a mesma cifra que onte, e Vilamartín de Valdeorras mantén 1 positivo. Ademais, nesta xornada Rubiá, que ata onte rexistraba 1 positivo, agora queda libre de virus.

3 casos activos en centros educativos de Valdeorras

Lixeiro aumento tamén nos casos activos nos centros de ensino da comarca. Nos últimos días mantíñanse 2 positivos no Colexio Divina Pastora do Barco (que hoxe continúan), ao que nesta xornada se suma 1 positivo no CEIP Manuel Respino da Rúa, tal e como figura no último listado de datos emitido pola Xunta de Galicia neste martes 25 de maio.

Artigos relacionados

Back to top button