En portadaÚltima hora

Valdeorras suma 282 casos activos de Covid, 144 deles no Barco

Imaxe do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen a subir as cifras do coronavirus en Valdeorras, impulsadas especialmente polos positivos no Barco. Así, a comarca rexistra neste 23 de decembro un total de 282 positivos por coronavirus (30 máis que onte), segundo os datos do Sergas actualizadas ás 18h. de onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Aínda que son tres os municipios que rexistran incrementos, sobresae o do Barco  cun total de 144 positivos (28 máis que o onte). Ademais Carballeda de Valdeorras rexistra 5 casos activos, 1 máis que o onte, e Larouco con 13 casos (3 máis que onte)

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Os concellos que presentan diminución de contaxios son A Rúa con 75 positivos, 1 menos que onte; e Vilamartín con 17, 1 menos que onte.

Por outra banda, os casos activos mantéñense no Bolo con 12 positivos, en Petín con 7 positivos, en Rubiá con 3 positivos e na Veiga con 6 positivos.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras continúa, unha xornada máis, libre de coronavirus.

 

Artigos relacionados

Back to top button