ConcellosÚltima hora

Valdeorras suma 85 casos activos de Covid, 10 máis que onte

Vía central da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúan á alza os casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, cun total de 75 positivos, o que supón 10 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 11 de xullo.

No referente ao Barco, soben a 71 os positivos, o que supón 7 máis que onte. Tamén ascenden os casos en Vilamartín que pasa de 3 a 4 (1 máis que onte); na Rúa que rexistra 3 (1 máis que onte) e en Carballeda de Valdeorras, ata agora libre de virus, e que agora ten 1 positivo.

No caso de Rubiá mantense estable con 4 positivos, os mesmos que onte. Tamén na Veiga se manteñen nos 2 positivos, igual que onte.

O resto dos concellos de Valdeorras continúan libres de virus e no Hospital de Valdeorras non se rexistran ingresos por Covid, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button