
Continúa o descenso na curva de Covid-19 en Valdeorras, aínda que de forma lixeira, na xornada deste mércores 4 de agosto, na que a comarca rexistra un total de 175 casos activos de Covid, 3 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.
Tan só Larouco experimenta un incremento de casos nesta xornada con 6 positivos, 1 máis que onte. Por contra, baixan os casos activos no Barco con 110 positivos, 1 menos que onte; na Rúa con 32, 2 menos que onte; e na Veiga con3, 1 menos que onte.
No resto de municipios mantéñense as cifras de onte: no Bolo hai 4 positivos, en Carballeda 3, en Rubiá 5, en Petín 1 e en Vilamartín 11.
1.664 casos activos na provincia
Tamén descensen os casos activos na provincia de Ourense que rexistra un total de 1.664 casos activos, o que supón 53 menos que onte.