En portadaÚltima hora

Valdeorras ten 45 positivos por Covid, 11 menos que onte

 

Descende a curva do coronavirus en Valdeorras. Así a comarca pasa dos 56 positivos de onte a un total de 45, o que supón 11 casos menos, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas.

No referente ao Barco o concello pasa dos 25 positivos rexistrados onte a 19 hoxe, é dicir, 6 menos. Tamén baixa a curva en Carballeda de Valdeorras con 16 positivos, 4 menos que onte.

Ademais Rubiá, que tiña 2 positivos, queda libre de virus; mentres que Vilamartín e Petín continúan con 3 positivos cada un.

Por contra, prodúcese unha leve subida na Rúa, que pasa a ter 4 positivos, 1 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button