ConcellosEn portadaÚltima hora

Valdeorras ten 530 casos activos de Covid, 16 menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Continúa en descenso a curva de casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra nesta xornada de 28 de xaneiro un total de 530 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 16 menos que onte, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Consellería de Sanidade.

Os contaxios activos baixan no Barco con 326 positivos (10 menos que onte), no Bolo con 13 (1 menos que onte), en Larouco con 6 (1 menos que onte), na Rúa con 66 (5 menos que onte) e en Vilamartín con 26 (1 menos que onte). As cifras de positivos mantéñense igual que onte en Carballeda con 32 positivos, en Rubiá con 31 positivos e na Veiga con 26 positivos.

Por contra, Petín rexistra unha leve repunta con 4 positivos (2 máis que onte).

Por outra banda, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 4 ingresos en planta por Covid, o que supón 3 menos que onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button