En portadaÚltima hora

Valdeorras vístese de loito contra a violencia de xénero

Os concellos do Barco, A Rúa, Petín e Vilamartín xunto cos empresarios promoven iniciativas conxuntas con motivo do 25 de novembro
Detalle da camiseta realizada en Valdeorras con motivo do Día da Violencia de Xénero.
Detalle da camiseta realizada en Valdeorras con motivo do Día da Violencia de Xénero.

Camisetas negras co lema “Valdeorras en negro” exhibiranse do 21 ao 27 de novembro no comercio, locais de restauración e administracións públicas e docentes da comarca e no persoal sanitario. É unha das accións que se promoverá nesta zona ourensá con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro. A iniciativa está impulsada dende os concellos do Barco, A Rúa, Petín e Vilamartín e nela colaboran entidades empresariais como O Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

Outro dos actos será, o 24 de novembro ás 20h. e o 27 de novembro ás 19h., a proxección da película “Freeheld”, en colaboración co Cine Club Groucho Marx.

Ademais o propio 25 de novembro ás 12h. terá lugar en cada unha das prazas dos concellos participantes unha concentración, con lectura dun manifesto en conmemoración da data internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres.

Artigos relacionados

Back to top button