CulturaCulturaÚltima hora

Valdeorras Vive promove tres novos intercambios Erasmus+ en Xeorxia e Armenia neste verán

 

A Asociación Xuvenil Valdeorras Vive está a promover tres novos intercambios dentro do programa europeo Erasmus+ en Xeorxia e Armenia. “A primeira destas oportunidades de formación internacional chegará en agosto, nun intercambio xuvenil en Xeorxia sobre deporte e actividades ao aire libre no que se tratará a temática do benestar, a relación da saude coa natureza e o desenvolvemento das habilidades de acampada e supervivencia”, adiantan dende a asociación.

 

 

As seguintes duas mobilidades están previstas en setembro e outubro. Serán cursos de formación para os que se buscan profesionais da educación, voluntarios ou traballadores no ámbito da xuventude.

“Como é habitual, neste tipo de mobilidades Erasmus+ os participantes terán a oportunidade de convivir e aprender en inglés, en entornos internacionais e con mozos de países tan diversos como Estonia, Ucraína, República Checa ou Xordania, por citar algúns exemplos”, explican os organizadores.

 

 

Os custes da experiencia (transporte, aloxamento e actividades) están cubertos polo programa Erasmus+. Para solicitar participar requirese un nivel básico de inglés e cubrir o formulario da súa paxina web:www.valdeorrasvive.org

Toda a información tamén nas suas redes sociais: @valdeorrasvive

 

Artigos relacionados

Back to top button