Máis alá das festas ou eventos es, o verán na Rúa é cultura, troula, música, viño, deporte,… Como un conxunto de actividades moi variradas co que cubrir “ben” o mes de agosto que forme parte dun mesmo proxecto cultural e festivo que avarque todos os públicos e cubra todas as necesidades, plantexan dende o Concello da Rúa este verán.
Así o explicaba a alcaldesa María G. Albert, na presentación realizada na mañá deste vernes 26 de agosto xunto ao concelleiro José Vicente Solarat. “Nós temos unha programación propia pero hai outra parte cuxa promoción corre por conta da Xunta de Galicia e que será presentada na vindeira semana”, dixo María destacando que a municipal abarca sobre todo a primeira quincena do mes e que a programación deste ano é de “transición na que conviven distintos espazos lúdicos”, sobre todo a zona do Aguillón e no centro da vila.
José Vicente Solarat asegura que será un “verán complexo” polo condicionante do calendario co día 7 a mércores e a inmediatez das festas de San Roque e pola necesidade de acoplarse á loxística dos espectáculos que se traen que “obrigaron a repartir os actos en distintos escenarios, tanto por seguridade como por espazo”.
Así, a programación arrincaba co tradicional campus de baloncesto con máis de 80 nenos de toda España e segue co espectáculo de teatro de De Vilatriste a Vilalegre e a partir de aí entrará o apartado musical e recreativo.
Coma sempre será o Encontro de Pinchadiscos quen marque o inicio na noite do xoves día 1 na céntrica rúa Doutor Vila. O venres 2 de agosto a música será a gran protaganonista. Pola mañá haberá un pasarrúas pola vila a partir das 12 horas e pola tarde trasladarase ata o antigo campo de fútbol onde instalarán dous escenarios, un máis grande e oturo máis pequeno para que non pare a música e cohabiten dous grupos cada día. O venres, La Misión e Lo Mejor del Último, banda tributo a El Último de la Fila; e o sábado 3 de agosto, a orquestra Capitol e La Banda de Ayer. O sábado haberá tamén un pasarrúas pola vila da Charanga Mekanika; o I Torneo de Petanca a partir das 18 horas; e a 8ª Milla Urbana Nocturna na rúa Miguel de Cervantes a partir das 21 horas. O domingo 4 de agosto, derradeiro día das festas, repetirase o mesmo esquema. A partir das 12 horas a Charanga B.C.B. dará un pasarrúas pola vila e a partir das 21:30 horas será a queda das orquestras no Aguillón con Finisterre e Broken Peach.
O 5 de agosto será o día infantil con inchábeis nas piscinas de 17:30 a 20 horas. O 7 e 8 haberá dous festivais patrocinados pola Xunta, na praza da Estación. O 13 de agosto de mañá haberá zumba no Aguillón e día 16 ás 22:30 horas as Xornadas de Folclore coas agrupacións de Panamá, Polonia e México ademais dun campionato de piragüismo no encoro. Para pechar o mes haberá un novo festival patrocinado pola Xunta para o 31 de agosto, tamén na Estación.
Con respecto á Bacofesta, que será do 9 ao 11 de agosto, unicamente adiantaban a programación musical, de novo integrada dentro do recinto con Los Lobos (Tributo a Leiva e Pereza) o primeiro día; Pasármelo G (Tributo a Hombres G) o Segundo; e Mojinos Escocíos o terceiro.
Fotos e vídeos: O SIL