CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Valores feitos conto en Trives

O Día Internacional da Biblioteca celebrábase cun contacontos no Museo da Escola e da Infancia

Sumándose á celebración do Día Internacional da Biblioteca, cuxa data oficial é o 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Trives organizaba na tarde do 22 de outubro unha actividade especialmente pensada para nenos de entre 3 e 8 anos. A partires das cinco comezaba no Museo da Escola e da Infancia un “contacontos cargado de valores. Representamos unha adaptación da obra “O xigante egoísta” de Óscar Wilde”, explican dende a biblioteca trivesa.

Esta actividade reunía a unhas 30 persoas entre pais e nenos. Nela, ademais de disfrutar da representación teatral, os pequenos tiñan que pintar un debuxo e finalizaban cun obradoiro de pintacaras. “Deste xeito pretendemos familiarizar aos nenos coa biblioteca e acostumalos a visitala e disfrutala”, explican dende a biblioteca trivesa.

Fotos: Biblioteca Municipal de Trives

Artigos relacionados

Back to top button