A RúaÚltima hora

Van baixando os casos activos de Covid na Rúa situándose nos 34

Panorámica do concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Pouco a pouco van baixando o número de casos activos de coronavirus no concello da Rúa, situándose nos 34 na xornada deste luns 21 de decembro, segundo os datos facilitados ao Concello dende o Sergas.

O número máis alto de positivos nesta segunda onda, rexistrábase o pasado venres cun total de 40, varios detectados polos rastrxadores tralos 6 positivos que saíron do cribado poboacional. O sábado xa baixaban 2 e hoxe outros 4.

Os novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días ascende a 36 neste municipio valdeorrés que mantén unha incidencia acumulada de >250 e o nivel medio-alto de restricións.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button