Algúns veciños do Barco manifestan o seu malestar polo comportamento dalgunhas persoas que sacuden alfombras, manteis ou outro tipo de roupa de uso doméstico polas fiestras e balcóns dos edificios. Unha conduta, lembran, que está prohibida no municipio e ante a que amosan a súa preocupación por se puidera contribuír á propagación do coronavirus.
De feito, esta prohibición recóllese no artigo 29 da “Ordenanza de Policía, Bo Goberno e Convivencia” do Concello do Barco, na que se detalla que “queda prohibido sacudir alfombras, tapices, esteiras, sabas e demais roupa de uso doméstico nas portas, nos balcóns e nas ventás que miren á vía pública”. Tamén recolle esta ordenanza sancións.
A ordenanza pode consultarse aquí: