Continuando coas veladas musicais de fin de semana, o Hotel-Restaurante Las Vegas de San Clodio, en Ribas de Sil, acollía na noite do sábado 20 de xullo un concerto de jazz fusión a cargo do Trío Medianoche MME 3ª Dimensión. Músicos consagrados, con máis de 40 anos de experiencia como Emilio Blanco, batería e artiluxios, Emilio Fluxento, baixo e técnico de son, e Miquel, guitarra, armónica e guitarra sintetizada.
Miquel, que vén de tocar durante anos con Medianoche en Catalunya, xuntouse con estes outros dous músicos para crear este trío cunha proposta de jazz fusión’ coa que o ano pasado xa fixeron varios concertos pola zona. Concretamente tocaron en San Clodio, en Las Vegas, e en Quiroga. Un ano despois, e dado o éxito do ano pasado, volvían á terraza de Las Vegas para deleite do público asistente.
Fotos: O SIL.