A RúaConcellosÚltima hora

Venda de entradas para a XV Festa do Codillo, no Centro Cultural Avenida da Rúa

Esgotadas as 1.000 primeiras, o Concello decidía editar 100 máis que "serán repartidas por estrito orde de solicitude a partir de mañá luns". Quen queira anotarse poderá facelo na Casa do Concello de 9 a 14:30h.

 

Moi cedo, ás sete da mañá, abría neste domingo 21 de xaneiro o Centro Cultural Avenida, pero non para a proxección dun filme senón para a venda das entradas para a XV Festa do Codillo da Rúa que se celebrará o vindeiro sábado 27 de xaneiro.

Seguindo a estela doutras festas como a do Botelo do Barco, a esa hora comezaba a entregarse os números para coller vez. O primeiro chegaba ás cinco da mañá e a partir de aí íase enchendo o patio de butacas do cine ata que ás 10:30 horas comezaba a venda das entradas. Para entonar o corpo ante o madrugón, na estrada co Centro Cultural Avenida había chocolate, café e biscoitos.

Segundo os datos facilitados polo Concello sacaron 1.000 entradas que se esgotaban unha hora despois quedando unha lista de agarda de 51 entradas. “Tras negociar coa empresa decidimos editar 100 entradas máis que serán repartidas por estrito orde de solicitude a partir de mañá luns. Quen queira anotarse poderá facelo na Casa do Concello en horario de 9 a 14:30 horas”, adiantan.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button